FORA MEDOS!!

O Samaín xa está moi preto. Que mellor momento para enfrontarnos aos nosos medos? De novo, contamos coa axuda da nosa gran amiga, a Fada Fadosa, para desfacernos deles, para converter os medos en valentías! Nesta ocasión o que fixemos foi:

– Falar dos nosos medos, cando temos medo, como nos sentimos, como o evitamos… Foi moi curioso comprobar que hai máis compañeiros que lle teñen medo ao mesmo, e nós sen sabelo!! Así que poidemos compartilos e aconsellarnos.

– Logo debuxamos cada un de nós, aquilo ao que lle temos medo nun folio e puxemos o noso nome.

– O seguinte paso foi dobrar o folio unha e outra vez, ata facer o noso medo moi, moi pequeniño.

– E por último metemos  ese medo, cada un de nós, no baúl da Fada Fadosa, e cambiámolo por un anaco das prumas máxicas. Apretámolas forte na nosa man e repetimos con forza: “Xa non teño medo! Son valente! Se quero podo!”

Dende ese momento, xa temos o seu poder, aínda que non teñamos con nós as prumas. Sempre que teñamos medo, somentes temos que apretar os puños e pensar con forza na frase que nos ensinou a Fada. Non a esquezades!!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s