Despedida de Emilia Byte.

world-map1

Comeza a tempada alta de viaxes e Emilia vai ter agora moito traballo, polo que aínda que continúe co seu avión transportando pasaxeiros, terá menos tempo libre para poder visitar os distintos destinos.
Emilia despídese de todos vós desexando que gocedes descubrindo novos lugares.
Agora é o voso turno para viaxar e contar as vosas aventuras.

Anuncios

2º PRIMARIA. 4ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 4ª PISTA(Última.)

foto2

Moi ben! Tratábase do río Lérez.

Emilia foi camiñando con Landra ata un lugar onde recollen cans e os coidan e protexen ata que alguén responsable decide adoptalos.

Un can é un ser vivo con certas necesidades, non é un xoguete. Se queredes ter un can, necesitades propocionarlle unha serie de coidados, lavalos, alimentalos, vacinalos, pasear con eles, adestralos, e adicarlle tempo e cariño.

A ver se adiviñades cal é o nome deste refuxio de animais de Pontevedra.

Enviade as vosas respostas ao correo vpazsouto@gmail.com

2º PRIMARIA. 4ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 3ª PISTA.

O deporte que practicaba Emilia con Johari chámase Canicross.Seguro que o sabiades!

Emilia non podía quedarse con Landra, porque tiña que facer unha nova viaxe en poucos días. Preguntou e preguntou á xente , pero ninguén lle respondeu. Está abandoada, dixo unha muller que pasaba por alí. – Leva varios días dando voltas polas rúas.

Entón Emilia decidiu levar a Landra cuns amigos que tiña na cidade de Pontevedra, do outro lado do río.

Neste río practícase piragüismo e é moi importante para a cidade. Ten cinco pontes que nos axudan a cruzar entre as dúas beiras. Dun lado da ponte tedes o Pazo da Cultura, ao que xa fostes varias veces.

Sabedes como se chama o río que pasa pola cidade de Pontevedra?

2º PRIMARIA. 4ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 2ª PISTA.

canicross-in-oz-en-oisans-oz-en-oisans-491

Landra é un Pastor Alemán, como ben sabíades. A Emilia lembraballe moitísimo a unha cadela que tivera cando era moza, que se chamaba Johari,  e coa que practicaba un deporte xunto a ela.

O deporte consiste en correr co can atado á cintura cun cinto e unha liña de tiro que vai ata o arnés do can. Habitualmente practícase sobre terra, aínda que de forma ocasional pódese practicar sobre neve.
A parte máis difícil ao principio adoita ser a de conseguir que o noso can vaia por diante de nós e en liña recta.
Para practicalo só necesitas un arnés especial de tiro para o can, non sendo válido os arneses de paseo, unha liña de tiro con amortiguador e un cinto ancho para protexer as costas do corredor dos tiróns do can.

A ver se adiviñades cal é o nome dese deporte que Emilia practicaba con Johari. A resposta a próxima semana.